A Asociación Darredor nace no ano 2019 agrupando a pequenos e pequenas produtores e produtoras de froita e horta arredor do proxecto colectivo Daquí darredor promovido por estas persoas e o Concello de Brión.
Nun principio a asociación naceu con arredor de 24 persoas asociadas, sendo na actualidade máis de 60 homes e mulleres, mozas e mozos, de concellos de toda a provincia da Coruña, e algunha incluso de outras provincias: Brión, A Baña, Ames, Aranga, Cuntis, Curtis, Mazaricos, Negreira, Noia, Outes, Oroso, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Rois, Santiago, Val do Dubra, Vedra, Vigo.
Dentro da asociación hai persoas que son produtoras e outras que son consumidoras ou colaboradoras. Para pertencer á asociación tan só hai que enviar cuberta a ficha de inscrición e pagar a cota establecida de 5 euros mensuais (o pago faise na conta bancaria da asociación por trimestre, semestre ou pago anual).
Se queres coñecer un pouco máis á asociación, as nosas fins, as nosas actividades, o noso funcionamento, podes botarlle un ollo aos nosos estatutos ou poñerte en contacto a través de
- correo electrónico daquidarredor@gmail.com
- mensaxe de whatsapp ao 633 122 772.